A CowParade permanecerá unha semana máis na praza de Compostela
Ata o próximo domingo, as 54 vacas que conforman a CowParade permanecerán na alameda da praza de Compostela, antes de repartirse por diferentes puntos da cidade. A mostra nas rúas rematará a finais de xuño e despois as vacas serán restauradas para a súa subasta, que se celebrará en setembro.
Ao longo dos últimos oito anos, centos de vacas teñen dado vida a diversos centros urbanos de grandes capitais como Zurich, Chicago, Nova Iorque, Sydney, Houston e Londres. Colocadas en grandes beirarrúas, prazas e xardíns, as vacas convértense nun espectáculo de primeira magnitude.
CowParade é un fenómeno social que convida o cidadán a participar descubrindo todo o rabaño nun percorrido pola cidade. A intención da mostra é facer que o público gravite arredor das estatuas durante os tres meses que dura, gozando deste espectáculo único de maneira totalmente gratuíta.
Institucións públicas e privadas patrocinan esta exposición, que rematará a finais de xuño para dar paso a unha gran subasta de caridade en setembro coa que se recadarán fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis axeitadas.
As vacas, de fibra de vidro e tamaño natural, foron deseñadas, pintadas e decoradas por artistas locais. Nalgúns casos, as estatuas promocionan marcas ou produtos dunha empresa paricular.
Considerado o evento artístico público máis importante do mundo, CowParade botou a andar en Vigo coa súa presentación o 11 de setembro de 2006. A partir daí sucedéronse unha serie de actividades lúdicas e culturais para integrar a exposición no día a día da cidade.
Así, tras a colocación de Cowlumbus na rúa Príncipe, cerca de 1.500 nenos se familiarizaron coas reses o pasado Nadal en Navicow, nunha carpa situada na praza de Compostela na que se levaron a cabo obradoiros artísticos. Xa en Semana Santa realizáronse novos obradoiros na rúa Príncipe e na praza da Constitución, nos que participaron case 1.700 nenos.
CowParade tamén está presente no mundo do deporte, a través das tres vacas que se puideron ver na entrada do IFEVI co gallo do Campionato Mundial de Saltos ou da que se colocou no campo de Balaídos.
A presentación da CowParade Vigo 2007 a nivel nacional levouse a cabo en xaneiro mediante tres vacas na Feira Internacional de Turismo (FITUR) de Madrid, evento que seguiron todas as televisións nacionais e que levou a Vigo e a súa CowParade a todos os fogares do país.
Os artistas locais, moitos deles noveis, deron o toque de calidade e distinción ás reses que conforman a CowParade de Vigo. En total recibíronse 980 bocetos, o que dá unha idea da grande acollida desta iniciativa. Ademais, a páxina web de CowParade Vigo ten recibido máis de 9.000 visitas. Grazas a este entusiasmo, a exposición viguesa superou amplamente a cifra mínima de vacas esixida pola organización.