Escoitar

Concerto e "disco light" na Sala Ábrete

O sábado e doming na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha programación dirixida á xente moza.

venres, 23 mar 2007
Para o sábado está previsto un concerto no que actuarán os grupos ARTEFACTOS e WORDLESS e, o domingo, neste espazo realizarase unha sesión de discoteca light con audiovisual sessions, música dance, reggaeton e a máxima actualidade.

A entrada para estas actividades será gratuíta e, ademais, celebraranse sorteos entre os asistentes.

"Sala Ábrete" é un Espazo de Ocio Alternativo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración coa SalaA!, onde mozos e mozas poderán pasalo ben e abrirse a novas experiencias de ocio saudable.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org