Escoitar

Teatro para nenos e familias no Verbum

A empresa Mekané Didáctica presenta o domingo 25 de marzo no museo Verbum-Casa das Palabras a segunda parte do seu proxecto "A Lenda Pucha e o seu amigo Don".

venres, 23 mar 2007
1174644183verbum06.JPG
A Lenda Pucha é unha muller chamada así por contar interesantes e divertidas lendas ao redor da calor dunha lareira na que vive desde hai moitos anos xunto co seu amigo Don, un personaxe fantástico que será a representación humana da creatividade e da imaxinación que habita en cada persoa.

Este domingo 25 de marzo, a Lenda Pucha e Don realizarán unha pequena representación teatral da "Lenda da Fonte de Ana Manana" e dous obradoiros didácticos: "A lareira portátil" e "Fagamos o teu Don".

Horario: de 12.00 a 12.30 horas
Idades: A partir de 3 anos e familias
Aforo: 50 persoas
Prezo: 1 euro
Lugar: Sala de Obradoiros do Verbum.
Descargar todas as imaxes