Peche ao tráfico da rúa Urzáiz
<br />
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de arquetas, a realizar pola empresa Construcciones Crespo, estará pechada ao tráfico a rúa Urzaiz, no seu cruzamento con Extremadura, con acceso exclusivo para garaxes, dende o venres 23 de marzo de 2007 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Aragón, Portela e Palencia para acceder a rúa Cristo.
Mentres dure o peche establécese dobre sentido de circulación na rúa Cristo, treito entre Urzáiz e Palencia e para o acceso aos garaxes públicos da rúa Urzáiz permítese a entrada pola rúa Aragón.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.