Mostra de Tai Chi no "Súbete ó Castro"

venres, 23 xuñ 2006

O programa xuvenil "Súbete ó Castro" da Concellería da Xuventude desenvolveu nos dous últimos meses unha actividade gratuíta e aberta: Tai Chi ao Aire Libre. Celebrouse os domingos no monte do Castro baixo a dirección técnica da Asociación Asogal Taiji.

Xuño creativo no Súbete ó Castro

luns, 5 xuñ 2006

O programa "Súbete ó Castro" da Concellería da Xuventude oferta unha nova programación para o mes de xuño cunha aposta pola enerxía creativa da xente moza. Tódalas actividades son gratuítas.

O luns sorteanse os billetes de Inter Rail

venres, 26 mai 2006

A concellaría de Xuventude a través dun convenio con Renfe, puxo a disposición dos mozos e mozas de Vigo 5 billetes de Inter Rail para viaxar por Europa, mediante un sorteo , ó cal podían acceder todos os usuarios e usuarias do Servizo Infobús con idades comprendidas entre os 17 e 25 anos. O sorteo terá lugar o luns 29 de maio na Casa da Xuventude, ás 11:30 horas.

I Concurso pop rock MusicaliA!

martes, 9 mai 2006

A concellería da Xuventude e a Sala A organizan o primeiro gran Concurso Pop Rock MusicaliA! dirixido a grupos musicais deste estilo de Galicia e Portugal. O 15 de xuño é a data límite para a recepción de maquetas que se remitirán á Casa da Xuventude ( Rúa López Mora,31)