Universitúa acolle o primeiro encontro universitario galego sobre asociacionismo e participación cidadán

luns, 21 nov 2005

O vicerreitorado de Extensión Universitaria e estudantes da Universidade de Vigo organiza, por cuarto ano consecutivo, a Feira de Asociacións da Universidade de Vigo -Universitúa-, encontro no que participan un total de 36 asociacións das tres universidades galegas e outras non universitarias. Neste ano, como novidade, celebrarase o primeiro Congreso Galego de Asociacionismo e Participación Cidadán. A Feira presentouna, na mañá do luns en rolda de prensa, o vicerrector Óscar Rubiños; a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Lucía Molares; o director xeral de de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; o director de Márketing de Caixanova, Jorge Santos e un representante do alumnado.<br />

Volven as Noites Vivas

xoves, 3 nov 2005

A partires do vindeiro 4 de novembro e ata o 17 de decembro, a Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova programación de ocio gratuíto nas tardes e noites dos venres e sábados.

Campamento de tempo libre en Beiramar

venres, 12 ago 2005

Xuventude organiza este campamento para rapaces de 8 a 12 anos. Este campamento pretende aproveitar a condición de Vigo coma cidade costeira para que os nenos coñezan mellor o mundo do mar.