Escoitar
En España 58 municipios e 29.000 persoas forman parte desta iniciativa mundial de transporte conxunto

Vigo é a primeira cidade galega que se incorpora ao proxecto "Compartir coche"

O Concello de Vigo ofrece desde hoxe xoves no <a href = ‘http://www.compartir.org/vigo/galego.htm’>Portal de Xuventude</a> da súa páxina web a posibilidade adherirse ao proxecto "Compartir coche", unha iniciativa mundial para fomentar un uso máis racional deste vehículo, facilitando o encontro de persoas interesadas en realizar viaxes conxuntas.

xoves, 4 mai 2006
1146749398compartir040506.jpg
Mediante este servizo o cidadán interesado poderá contactar coas persoas que están inscritas para realizaren unha viaxe parecida á del, sexa a un lugar de traballo, á Universidade ou simplemente unha viaxe esporádica. A través do correo electrónico poderase poñer en contacto cos usuarios rexistrados e ver cales son as súas preferencias, se dispoñen ou non de coche, motivo da viaxe, e toda unha serie de datos para facer máis doado o encontro de compañeiros e compañeiras de viaxe. O servizo ofrece a posibilidade de deixar unha mensaxe electrónica a aquelas persoas que o interesado considere axeitadas para compartir unha mesma viaxe. Todo de forma inmediata e sen intermediarios.

Segundo afirmou hoxe xoves a concelleira de Xuventude, Lucía Molares, "Compartir coche" é unha "alternativa real, asequible e eficaz", coa cal o Concello pretende, en primeiro lugar, facilitar aos cidadáns e cidadás de Vigo outra alternativa nos seus desprazamentos, tendo en conta medidas de sustentabilidade na mobilidade. En segundo lugar, o proxecto "Compartir coche" busca diminuír a contaminación e o consumo enerxético producido polos vehículos privados. Por último, esta iniciativa vai dirixida a mellorar a utilización do espazo público, de xeito que aumenten as zonas para peóns.

"Compartir coche" é un proxecto de carácter internacional que conta en España con máis de 29.000 usuarios e a adhesión de 58 municipios. O promedio de idades dos usuarios españois é de 29 anos para os homes e 31 para as mulleres. Por sexos, os homes representan o 61% do total e as mulleres, o 39%.
Descargar todas as imaxes