O Concello destina 144.000 euros á consolidación da participación cidadá
Un ano máis, o Concello de Vigo, a través do seu programa de subvencións, pretende consolidar o asociacionismo e a participación cidadá, desta vez cunha partida duns 144.000 euros.
O programa de actividades de Participación Cidadá e Desenvolvemento Comunitario ten por obxectivo contribuír ao fortalecemento do tecido social vigués e a promoción da calidade de vida e benestar social dos cidadáns, así como axudar ao financiamento de gastos das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.
Para iso, o Goberno local estableceu unha partida duns 144.000 euros, que se distribuirán previa comparación das solicitudes presentadas, a fin de establecer unha prelación entre elas, dunha maneira proporcional á puntuación obtida.
No entanto, as subvencións non poderán superar o 70% do orzamento e en ningún caso a cantidade de 12.000 euros para o programa de actividades de participación cidadá; e o 50% e en ningún caso máis de 2.000 euros para o programa de mantemento das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.
O prazo de presentación de solicitudes, que se efectuarán no Rexistro Xeral do Concello, reamtará o próximo 18 de maio.
No pasado exercicio, con cargo a este programa, concedéronse 64 subvencións para actividades de participación cidadá, maioritariamente actividades asociativas e veciñais, cursos e xornadas de formación e algunha publicación informativa. A partida destinada ao programa, 144.000 euros, é igual este ano á de 2005.
Axudas escolares
A concelleira Marta Iglesias tamén deu datos hoxe xoves sobre as axudas municipais escolares para o curso 2006-2007. Así, o Concello destinará 400.000 euros a esta iniciativa neste curso, dos que 60.000 serán para libros de texto e 340.000 para comedores. Este último concepto increméntase fronte aos 300.000 do curso pasado, dado que a cantidade para libros de texto se reduciu en 40.000 euros a raíz da nova política de axudas da Xunta de Galicia.