Escoitar

Intermón Oxfam celebra 50 anos de solidariedade en Vigo

A Lonxa do Concello acolle a fin de semana a festa anual da solidariedade "Un día para a Esperanza" que organiza Intermón Oxfam en Vigo e que conta coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá.

xoves, 4 mai 2006
1146746706intermon1.jpg
Co lema "50 anos de compromiso. Un Día para a Esperanza" a organización presenta unha festa pensada para amosar, dunha forma lúdica e para toda a familia, o compromiso da solidariedade. "Un Día para a Esperanza" empezou en 1995 coa participación de 20.000 persoas en 13 cidades españolas. Nesta edición , coa axuda de máis de 4.000 voluntarios, esperase a participación de 250.000 asistentes.

As persoas que asistan á festa atoparán información sobre os proxectos de desenvolvemento, as actuacións de emerxencia, as campañas de mobilización social e os productos de comercio xusto. Os máis cativos poderán xogar á vez que coñecer de qué forma traballa Intermón Oxfam para mellorar as condicións de vida dos máis desfavorecidos.

As actividades lúdicas serán o sábado ás 18:00 horas e o domingo ás 12.00 h. coa actuación de "Danzas do Mundo". O domingo ás 13:00 h. o actor Antonio Durán –Morris- dará lectura a un manifesto e ás 13:30 horas actuará o grupo de teatro "Migallas" que porá en escena a obra "Canta conozco".
1146746706intermon1.jpg
1146746768intermon2.jpg
Descargar todas as imaxes