Escoitar

Programación de abril das ludotecas municipais de Vigo

As ludotecas municipais centrarán a súas actividades no mes de abril ao día do libro; actividades que irán dende contacontos, escenificacións con marionetas, xogos dos contos , contos do mundo....

xoves, 6 abr 2006
1144327085ludoteca.jpg
LUDOCORUXO
(Colexio A Paz-Tintureira r/ Estrada de Fragoselo, 28 Tlf: 986 490 670 ou 986 491 182 Horario: Tardes de luns a venres de 16:30 a 20:00h.)

"Un mundo sen barreiras". O obxectivo desta programación é sensibilizar aos rapaces para que sexan conscientes da existencia de barreiras que existen no mundo para as persoas que teñen algunha discapacidade xa sexa física, psíquica ou sensorial. Construirase unha manta mural con diferentes texturas, sons e cheiro. Xogarase a xogos de confianza e celebrarase o día do libro .

LUDOCOIA
(Pavillón de Coia, Avda. Castelao, s/n. Tlf: 986 298 416 Horario: Tardes de luns a venres de 16:30 a 20:30h. Os días 27 e 28 de febreiro tamén abrirá polas mañás de 10:30 a 13:30h.)

"¡Chuzos de punta!" O mes de abril vai a coincidir co mes no que celebramos o día do libro, día de vital importancia para, como excusa, fomentar nos rapaces unha continuidade lectora que debe estar presente ao longo de todo o ano. O tema do libro será o eixo do mes, claro que acompañado polo refrán "en abril augas mil", que aportará a este mes un toque festivo no que, se o tempo acompaña, poderá comezar a aparecer na Ludoteca algún xogo de auga.

LUDOLAVADORES
(A.V.V. Lavadores, r/ Ramón Nieto, 302 Tlf: 986 379 618 Horario: Tardes de luns a venres de 16:30 a 20:30h)

¡ En abril actividades mil ! Neste mes van ser moi variados os temas de xogo e divertimento : a primavera, os libros e contos, a saúde , obradoiros , saídas... Vaise unificar a celebración dos días do libro infantil e adultos adicando a ambos unha semana que será : a festa dos libros .As actividades irán dende contacontos, escenificacións con marionetas, xogos dos contos , contos do mundo....Ademais farase un obradoiro de manualidades para confeccionar obxectos relacionados coas temáticas dos contos .

O día mundial da saúde vai se-lo motor das actividades do resto do mes. Elaboraranse carteis que baixo o lema ¡ Cuidate ! ensinarán os nenos/as cal debe se-la súa alimentación a súa hixiene dental....Ademais farase un obradoiro de cociña coa elaboración dunha merenda con froita, leite , doces ....


Ludoteca de Integración HOY POR MAÑANA
(R/ Sagunto, 86 (Calvario) Tlf: 986 26 10 98)

- "Semana do"Día de Ramos" , na que se realizarán as palmas con papel kraf amarelo entrelazado e lazos de cores.
- "Semana da Pascua", na que se traballará con ovos de Pascua decorados, roscas feitas con masa de modelar e abalorios de cores...
- Semana de "A feria de abril", faranse claveis con papel de seda, farolillos decorativos, gorros cordobeses de cartulina, peinetas....
- Semana do "Día da nai". Adicarase toda a semana a confeccionar o regalo do día da nai. Este año farase un monedeiro alegre e orixinal, utilizando papeis de regalo, forro adhesivo, lá , purpurinas de cores ...

LUDOTECA DA CASA DA XUVENTUDE
(r/ López Mora, 31 Tlf: 986 294 806 (Horario: Tardes de 16:30 a 20:30h. Os días 27 e 28 de febreiro tamén abrirá polas mañás de 10:30 a 13:30h.)

"En abril xogos e libros mil". Con motivo do día mundial da saúde, este mes farase fincapé na importancia que ten para todos unha boa alimentación ao igual que practicar deporte, por iso levarase a cabo unha pirámide da alimentación tridimensional, facendo cada alimento con diferentes técnicas. Tamén practicaranse novas actividades deportivas como o aeróbic, karate...

"En Abril libros mil", por iso non nos podiamos esquencer do día do libro, debido á importancia deste tema daremos vida ao libro viaxeiro, este partirá da ludoteca co inicio dunha breve historia que ao longo dos días os nosos socios completaran na sœa casa, deixando voar a sœa imaxinación. Esta actividade farase durante as semanas que se precise, coa intención de que cada neno/a participe da historia.
Descargar todas as imaxes