Escoitar

O Concello implantará a partir do verán un novo sistema de control das instalacións de sanemento

Realizar unha xestión eficaz e rendible das augas residuais e mellorar a calidade medioambiental. Con estes obxectivos, o Concello vai implantar a principios do verán un novo sistema de control e supervisión automatizado das instalacións de saneamento do municipio.

mércores, 5 abr 2006
As obras integradas neste proxecto, presentado en agosto de 2005, inclúen o subministro, instalación e posta en marcha de instrumentación, proteccións, autómatas programables, sistemas de alimentación segura e de comunicacións, ordenadores e periféricos necesarios para a implantación dun sistema de telemando e telecontrol.

Este sistema de telecontrol e supervisión será xestionado por Aqualia e suporá un gasto de cerca de 1,2 millóns de euros, que será sufragado nun 80% por fondos europeos e no 20% restante polo Concello.

Con esta iniciativa, o Concello quere aumentar a seguridade das instalacións de saneamento, controlándoo e supervisándoo desde un centro de control, co cal aumentará a rapidez e eficacia de resposta en caso de incidencias. Ademais, o novo sistema permitirá realizar un estudo global e individualizado do estado do sistema de saneamento e facilitará a supervisión da calidade da auga do río Lagares en todo o seu percorrido, así como a das augas residuais verquidas á ría.