Escoitar

A Fundación Secretariado Xitano presenta unha campaña de sensibilización

A concelleira de Benestar Social; Marta Iglesias, participará no acto conmemorativo do "Día Internacional do Xitanos" no que se realizará unha ofrenda floral desde a ponte do río Lagares. Esta acción terá lugar ás 17:30 horas e ás 19:30 presentarase no auditorio de caixagalicia unha campaña de sensibilización de Fundación Secretariado Xitano.

xoves, 6 abr 2006
Na presentación da campaña tamén estará a concelleira Marta Iglesias que falará sobre as políticas sociais do Concello para favorecer a integración de minorías e da súa colaboración coa Fundación Secretariado Xitano.

A campaña consiste nun vídeo clip co título "El Alma no tiene color"; un anuncio publicitario de televisión dun minuto e cuñas de radio.