Os cidadáns poderán enviar documentación ao Rexistro de Urbanismo por Internet
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves a creación dun Rexistro Telemático de Documentación para uso dos vigueses e viguesas rexistrados na Carpeta do Cidadán, para que poidan enviar ao Rexistro da Xerencia de Urbanismo solicitudes, escritos e comunicacións por Internet.
Deste xeito, as persoas dadas de alta na Carpeta do Cidadán como usuarias rexistradas poderán realizar as súas xestións ante o Rexistro da Xerencia a través da páxina web do Concello, www.vigo.org, coa mesma validez que se as presentasen fisicamente no mesmo Rexistro.
Poderanse presentar solicitudes, escritos e comunicacións ao Rexistro Telemático todos os días do ano durante as vinte e catro horas do día. A efectos de cómputo de prazos, a recepción nun día inhábil para o Concello de Vigo entenderase efectuada ás 00:01 do primeiro día hábil seguinte.
A data e hora de entrada da documentación presentada no Rexistro Telemático será a data e hora en que se confirma o envío. Os documentos entregaranse ao Rexistro da Xerencia de Urbanismo no día seguinte ao do envío. A pesar disto, manterase como data oficial de entrada a do día e hora en que se realizou o proceso en Internet.
Ademais, ao formulario de envío pódenselle achegar calquera tipo de documentos, imaxes ou planos.
Os datos persoais enviados mediante o Rexistro Telemático entrarán a formar parte do ficheiro "Expedientes", que cumpre coas normas da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (15/1999).
Proxectos de expropiación
Por outra parte, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou proporlle á Xunta de Goberno Local a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta de predios non incorporados á Xunta de Compensación do polígono 3 do Plan Especial de Reforma Interior IV-01 de San Roque. Outro proxecto de expropiación por taxación conxunta, o que afecta aos predios non incorporados á Xunta de Compensación da Unidade de Actuación 2 de Penís de Arriba (Cabral), foi obxecto dunha proposta de aprobación definitiva por parte do Consello da Xerencia, sobre a cal terá que decidir tamén a Xunta de Goberno Local.
Finalmente, o Consello da Xerencia elevou á Xunta de Goberno a proposta de constituír a Xunta de Compensación do polígono 6 do Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Bouzas.
Descargar todas as imaxes