Escoitar

Noites Vivas para esta fin de semana

A concellería de Xuventude organiza para o venres e sábado diversas actividades dentro do programa de ocio nocturno Notes Vivas que van desde escoitar un concerto , xogar ao cachibol, realizar algún obradoiro, aproveitar para mellorar en batuka, practicar malabares ou unha morea de cousas máis.

xoves, 20 abr 2006
1145537150j.jpg
Venres 21 de abril

-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) haberá obradoiros de pendentes de fimo. Aerobic. Pachanga nocturna ao aire libre e xogos de mesa variados. Entre as 22 e a 01 h.

-No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) haberá bailes latinos. Protocolo na mesa: buffetts, cócteles, etc. Obradoiro de chapas creativas. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23 e a 01.30 h.

-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6 – Baixo esquerda) disputarase a megabatalla a 1.500 puntos warhammer 40.000, entre as 23 e 02 h.

-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas) iniciación a linux. Danza oriental. Facendo atrapasoños. Iniciación ao teatro. Liga de xogos en rede. Internet, chat e messenger. Espazo aberto. Torneo de risk e monopoly. Dardos electrónicos. Entre as 17 e as 23 h.

-Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (r/ Marín, 1) continúa dispoñible internet gratis dende as 19 ata as 21 h. para uso dos asistentes a esta sede.

-No Pavillón de Coia (Avda Castelao s/n) haberá Iniciación ao hip-hop. Obradoiro de improvisación teatral. Pachanga de fútbol. Entre 23 e 01 h.

-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo) faino ti mesmo; pendentes, chaveiros, carteiras de cómics. Exhibición de capoeira. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 17.30 e 22.30 h.

Sábado 22 de abril

-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1) capoeria. Obradoiro de pendentes de fimo. Percusión-tambores. Pachanga nocturna ao aire libre. E xogos de mesa. Entre 22 e 01 h.

-No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) haberá baile moderno. Obradoiro de chocolate: bombóns e obradoiro de marcos de fotos. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre 22.15 e 01.30 h.

-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas) iniciación a break-dance. Facendo atrapasoños. Liga de xogos en rede. Internet, chat e messenger. Espazo aberto. Torneo de risk e monopoly. Dardos electrónicos. Entre 17 e 23 h.

-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo) Obradoiro de fotografía e obradoiro de candeas aromáticas. Acceso a internet. Sala multiusos.

As actividades se desenvolven entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes