Escoitar

A comisión de seguimento de Balaídos constituirase o xoves da semana que vén

Representantes dos grupos políticos municipais e do Real Club Celta reuníronse hoxe xoves no Concello para acordaren a constitución dunha comisión de seguimento da remodelación do Estadio de Balaídos, na que estarán presentes catro membros do PP, tres do PSdeG-PSOE, tres do BNG e un do PG.

xoves, 20 abr 2006
1145535430balaidos.jpg
A creación desta comisión de seguimento será debatida polo Pleno da Corporación o próximo luns 24, de cara á súa constitución oficial o xoves 27, data en que comezará a definir os contidos e calendarios da remodelación do estadio.
Descargar todas as imaxes