Aprobado un proxecto de 2,9 millóns para mellorar a avenida do Aeroporto e o Primeiro Cinto
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe mércores o proxecto e iniciou o proceso de contratación das obras de mellora da avenida do Aeroporto e do Primeiro Cinto, cun orzamento base de licitación de cerca de 2,9 millóns de euros.
Este proxecto enmárcase nun convenio entre o Ministerio de Fomento e o Concello para a mellora da Rede de Estradas do Estado no termo municipal de Vigo, por medio do cal o Ministerio tamén transfire estas estradas. Fomento comprometeuse a financiar con 2,9 millóns de euros as obras de mellora.
Os tramos obxecto da transferencia son a avenida do Aeroporto (N-556), desde o entronque coa rúa Aragón ata o entronque coa estrada de Redondela, e o Primeiro Cinto, que se divide en dous subtramos: un que abrangue a avenida Arquitecto Palacios e outro que vai do rotador elevado de Zona Franca (avenida Citroën) ao rotador de Navia (avenida Ricardo Mella).
As obras de mellora levaranse a cabo en dúas fases. A primeira afectará á avenida do Aeroporto, mentres que na segunda actuarase sobre o Primeiro Cinto. Na avenida do Aeroporto, as obras buscarán reducir a velocidade de circulación, permitir a reserva de carrís específicos para o xiro á esquerda, mellorar a humanización das inteserccións e potenciar a sinalización para mellorar a seguridade vial.
A actuación no Primeiro Cinto centrarase principalmente en mellorar a seguridade vial de peóns e tráfico rodado e solucionar os problemas de mantemento.