O Concello está disposto a ceder "terreos axeitados" ao Instituto de Investigacións Mariñas
A alcaldesa, Corina Porro, mostrou a súa "total disponibilidade" para dotar de "terreos axeitados" ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, e facer fronte, así, á petición de máis espazo formulada pola directora desta entidade, Aída Fernández, con quen se entrevistou hoxe mércores no Concello.
Tras o encontro, Corina Porro explicou que o Concello agarda a que se definan as necesidades de espazo e as características dun novo edificio para o Instituto para "darlle a mellor situación".
A alcaldesa engadiu que o traballo conxunto do Concello e o Instituto de Investigacións Mariñas determinará "cómo imos montar o novo observatorio medioambiental da ría". Neste sentido, Corina Porro afirmou que "temos que modernizarnos" e que "imos pedir a colaboración doutras administracións e institucións" para conseguilo.
Pola súa parte, Aída Fernández dixo que o novo edificio do Instituto de Investigacións Mariñas deberá ter "entre 20.000 e 30.000 m2", fronte aos cerca de 5.000 actuais. Segundo a directora do Instituto, cómpre pensar un novo centro "para 30 anos". Aída Fernández sinalou que o futuro edificio terá que estar "necesariamente xunto ao mar", e non desbotou que se localice na ETEA, nunha hipotética Cidade do Mar, aínda que tamén dixo barallar "outras posibilidades".
Descargar todas as imaxes