A alcaldesa recibe os participantes no Campionato Nacional de Voleibol
A alcaldesa, Corina Porro, e a concelleira de Deportes, Lucía Molares, ofreceron hoxe mércores no Concello unha recepción aos participantes no Campionato Nacional de Voleibol, que se desputa estes días no IFEVI, nas categorías masculinas e femininas de infantís e cadetes.
Á recepción acudiron o representante do Consello Superior de Deportes, Juan Manuel Hueli, os xefes de expedición dos 18 combinados autonómicos que participan no campionato, e membros da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
O Campionato Nacional de Voleibol principiou o pasado luns e finalizará o próximo domingo.
Descargar todas as imaxes
O Campionato Nacional de Voleibol principiou o pasado luns e finalizará o próximo domingo.