Escoitar

O Concello permite aos clientes de todos os bancos pagar os seus recibos por Internet

Os cidadáns que o desexen poden pagar os recibos municipais a través da páxina web do Concello (<a href = 'http://hoxe.vigo.org/'>www.vigo.org</a>), usando pasarelas seguras de entidades bancarias. O sistema de pagamento electrónico está aberto aos usuarios de calquera tarxeta.

xoves, 20 abr 2006
1145532002hoxevigo.jpg
Páxina web do Concello
O sistema de pagamento estaba limitado aos usuarios de tarxetas emitidas por Caixanova e Caixa Galicia, pero un novo convenio con Caixanova permite agora o uso deste servizo por parte dos usuarios de calquera tarxeta emitida por calquera entidade bancaria. Deste xeito, o sistema queda aberto a todos os cidadáns, independentemente do banco ou caixa do que sexan clientes.

Ademais, a web municipal permítelles acceder ao sistema de pagamento electrónico tanto aos cidadáns que teñen conta na "Carpeta do Cidadán" como aos que non.

A través da Carpeta do Cidadán

A Carpeta do Cidadán é o método máis sinxelo para facer as xestións co Concello. As persoas rexistradas na Carpeta do Cidadán poden acceder aos seus recibos municipais, pendentes de pagamento ou xa pagos, como tamén a outros servizos como o rexistro de documentos, a emisión de volantes de empadroamento ou a consulta de expedientes. Deste xeito, a Carpeta do Cidadán permite consultar os datos dos recibos e pagalos, no caso de que estean pendentes de pagamento e en período de cobro.

Para os que aínda non recibiron algún recibo nos seus domicilios, a Carpeta serve tamén para obter unha impresión deste. Ademais, tamén fai posible domiciliar ou cambiar a domiciliación dos recibos.

Fóra da Carpeta do Cidadán

No apartado "Oficina virtual" do "Concello Dixital" de www.vigo.org pódese acceder ao sistema de pagamento. O primeiro paso que debe dar o usuario é introducir os datos do recibo que se queira pagar (emisora, referencia, identificación e importe). Unha vez cumprido este requisito mostrarase o recibo cos datos do contribuínte. O seguinte paso é pulsar "Pagar" para que os datos do recibo pasen ao banco, despois do cal este mostra a ventá de pagamento sobre o seu servidor seguro. Cando o pagamento é correcto, o banco devolve unha mensaxe de conformidade, co seu código de operación e data.
Descargar todas as imaxes