"A revolta dos microbios" unha obra teatral de escolares portugueses para escolares de Vigo
O próximo luns alumnado de 15 anos pertencente á Escola E.B. 2,3 de Vale de Cambra (Portugal) pondra en escea a sesión teatral de carácter didáctico "A revolta dos Microbios", grazas a colaboración do Servizo de Educación do Concello de Vigo e o Instituto Camöes. A representación terá lugar ás 11,00 h no Auditorio Municipal.
Co motivo da presenza desta escola portuguesa ó día seguinte no Festival de Teatro do Morrazo en Cangas, preto de 300 escolares de centros de ensino da nosa cidade terán a oportunidade de asistir ao referido espectáculo teatral. Os centros son CPI Celso Emilio Ferreiro, Escolas Nieto, Ceip Eduardo Pondal, Ceip San Salvador de Teis, Ceip Paraixal, Ceip Santa Mariña, Ceip Igrexa Candeán e Ceip Carballal.
A sinopse da obra nos fala de Cariolina e Tartarino, dous divertidos microbios que viven felices na boca de Joao, unha verdadeira cidade-xardín por eles construída, onde se atopa o mellor da flora microbiana. E todo isto, porque Joao , ademais de non lavar os dentes, come todo o doce e lambetadas que pode. Todo cambia un día coa chegada dunha simpática dentista e a ameaza dun cepillo de dentes nas súas hábiles mans...
Descargar todas as imaxes