Escoitar

A Concellaría de Xuventude presenta o programa de "Tardes e Noites Vivas" para a primavera

A partir do vindeiro 9 de marzo e ata o 19 de maio terá lugar, nas fins de semana, o programa de ocio alternativo xuvenil "Tardes e Noites Vivas" da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo.

venres, 9 mar 2007
1173446455noitesvivas090307.jpg
Para a realización deste programa, a Concellaría de Xuventude conta coa participación de mozos e mozas de diferentes entidades relacionadas coa xuventude (asociacións xuvenís, vogalías xuvenís de asociacións veciñais, un centro de ensino secundario, etc.).

"Tardes e Noites Vivas" é un programa que oferta un grande abano de posibilidades para que os mozos e as mozas de Vigo poidan investir o seu tempo de ocio de xeito saudable e divertíndose con actividades de calidade. Este programa trata de implicar a xuventude, para que colaboren na definición e desenvolvemento dunhas actividades dirixidas a eles mesmos. Esta implicación pode ser a nivel individual ou a través de agrupacións e/ou asociacións xuvenís da cidade.

A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, animou "a todo aquel que se sinta mozo" a participar nas actividades deste programa, en principio abertas a persoas de calquera idade, aínda que, segundo explicou, "as tardes están máis encamiñadas a mozos entre 14 e 18 anos".

Na edición de primavera, "Tardes e Noites Vivas" contará cos seguintes espazos e horarios:

- Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): venres e sábados de 17.00 a 23.00 horas.

- Pavillón deportivo do Instituto de Ensino Secundario O Castro (r/ J.G. Posada Curros, 1. Entrada polo lateral, fronte á pista deportiva): venres e sábados de 22.00 a 01.00 horas..

- Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente, 1): venres e sábados de 23.00 a 01.30 horas.

- Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao, s/n): os venres de 23.00 a 01.00 horas.

- A.X. Cancerbero (r/ Heraclio Botana, 6 baixo esquerda): os venres de 22.00 a 02.00 horas.

- A.X. Abertal (r/ Venezuela, 3 baixo): os venres de 17.30 a 23.00 horas e os sábados de 18.00 a 23.30 horas.

- A.V. Camiño V. De Coia (r/ Marín, 1): os venres de 19.00 a 22.00 horas.
Sala A! (Avda. Beiramar, 113): os sábados e domingos de 17.00 a 20.00 horas. Os venres do mes de marzo a partir das 22.30 horas.
Descargar todas as imaxes

Máis información