O Consello da Xerencia insta á suspensión dunha licenza de obras en Finca do Conde
Cos votos favorables do PSdeG-PSOE e a abstención dos restantes grupos políticos, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves unha moción presentada polos socialistas na que se insta á alcaldesa, Corina Porro, para que decrete a suspensión da licenza de obras para a construción dun edificio de seis plantas e outro de dez no ámbito do PEPRI de Finca do Conde.
Polo mesmo acordo, o Consello da Xerencia demanda o "traslado directo do acto suspendido ao órgano xurisdiccional competente". O representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz defendeu estas medidas baseándose en que o planeamento de Finca do Conde "está xa anulado" ao existir unha sentenza firme do Tribunal Supremo neste sentido. Nestas circunstancias, afirmou Ruiz, "cada día que pasa é un risco" para o Concello, xa que aumenta a súa posible responsabilidade patrimonial.
PP, BNG e PG decidiron absterse e solicitar un informe xurídico no que fundamentar un posible apoio ou rechazo á proposta do PSdeG-PSOE. José Manuel Figueroa, do PP, asegurou que "mentres non teñamos informe non nos imos pronunciar". Polo BNG, Henrique Viéitez explicou que o seu grupo quere "saber en que circunstancias imos poñer o Concello" e Manoel Soto, do PG, afirmou que a situación de Finca do Conde é "demasiado complexa" como para tomar unha decisión sen o asesoramento necesario. O Goberno local solicitou xa un informe aos servizos xurídicos do Concello, segundo indicou Figueroa á saída do Consello da Xerencia.
Por outra parte, na súa reunión de hoxe xoves, o Consello deu o seu visto bo ao alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello na parcela IV do Plan Parcial Quirós á empresa Miraflores por un prezo de cerca de 1.184.000 euros.
Ademais, o Consello da Xerencia decidiu proporlle á Xunta de Goberno a aprobación definitiva do proxecto expropiatorio por taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación do polígono 3 do PERI IV-01 de San Roque.
Descargar todas as imaxes