Escoitar

Danza, "performance" e teatro na xornada de mañá xoves de ALT o.7

O Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo únese mañá xoves á celebración do Día Internacional da Muller cun espectáculo de danza no MARCO ("Tanzabend", de Paloma Díaz) e a "performance" de Rosa Casado "Las sin tierra", no Auditorio Muncipal. A xornada completarase coa representación da "Historia de José Agarrotado, menudo hijo de puta", dos barceloneses LosCorderos.

mércores, 7 mar 2007
1173269264teatroalt07corderos.jpg
LosCorderos
"Historia de José Agarrotado, menudo hijo de puta"

LosCorderos (Barcelona)
Lugar: Teatro Cidade Universitaria
Hora: 18.30
Duración: 1 hora aproximadamente
Prezo: con invitación
Intérpretes: David Climent e Pablo Molinero
Creación e dirección: loscorderos.sc.
Música: Tema "Intro" (electrónica): Carles López.Tema "Amor raro" de Pepe Gómez e os cabreiros
Deseño e iluminación: Anna Rovira e Óscar de Paz
Técnico luces e son: Óscar de Paz
Management e produción: Pilar López

A atmosfera íntima que se crea nesta peza, a modo de cea ou reencontro, é sacudida violentamente xa desde un principio, aínda que nunca rota, pola contundencia física e verbal dunhas accións e situacións orgánicas e realmente auténticas. Un absurdo elaborado pero cotián, con base tanto física como conceptual, fresco e risoño, pero en ningún momento gratuíto, é empregado como fío condutor dun mundo propio, con leis propias, no que poder narrar unha experiencia como a que se conta en "Crónica de José Agarrotado", que ben podería ser a vontade de convivencia nos termos máis xerais, e as súas particulares imposibilidades, co consecuente derrubamento de todo o creado.

"¿Nunca pensaches que matar o teu alter ego podería axudarte a soportar mellor a vida?". É basicamente unha cita sen saída con alguén tan próximo a ti, que ben podería ser a túa parella ou ti mesmo. Agora ben, ante esta peza un non acaba de distinguir entre improvisación e coreografía, texto e diálogo, o cotián e o extracotián, experiencia e confesión, en resumo, verdade ou fición, porque a súa creación está asentada sobre esa zona da realidade que está máis próxima ao teatro, un intento de verdade teatral.

"Tanzabend"

Paloma Díaz (Sevilla)
"Tanzabend " (danza)
Lugar: MARCO (aforo limitado de 72 persoas)
Hora: 20.00
Duración: 1 hora aproximadamente
Prezo: 5 €
Coreografía e interpretación: Paloma Díaz Álamo
Música: Julio de la Rosa e The Velvet Underground
Deseño e iluminación: Felix Gontán, coa colaboración de La Casa Encendida, Aula de Danza da Universidade de Alcalá de Henares e Endanza Zona B

"Tanzabed" é o resultado de seis semanas de peche na soidade dunha sala de ensaio
durante a primavera de 2005. ¿O resultado? Un cóctel de paixóns, pantasmas, medos e
desexos íntimos en clave de ¿"spoken-dance"? "O título", explica Paloma Díaz, "é unha homenaxe ao meu tempo pasado en Alemaña e ao meu encontro con Malou Airadou. Ela ensinoume a bailar moito máis alá do sentido técnico, ela ensinoume co seu exemplo a pór toda a carne no asador. "Tanzabend" é por tanto un trozo da miña carne. Bo proveito, e que vostedes o gocen".

"Las sin tierra"

Rosa Casado (Madrid)
"Las sin tierra " ("performance")
Lugar: Auditorio Municipal (aforo limitado de 60 persoas)
Hora: 21.30
Duración: 55 minutos aproximadamente
Prezo: 5 €
"Performers": Rosa Casado e Rocío Solís
Dirección: Jill Greenhalgh
Espazo sonoro: Luis Fernández
Concepto e desenvolvemento: Rosa Casado, Jill Greenhalg e Mike Brookes
Produción: Normad teatro e Junta de Andalucia

Esta é unha "performance" baseada en dous conceptos fundamentais: a identidade e o reparto de recursos no planeta. Inicíase como unha reflexión sobre os grandes desprazamentos humanos: sobre os procesos migratorios das zonas rurais ás cidades e dos países en vías de desenvolvemento aos países desenvolvidos; sobre as consecuencias deste feito e as novas dinámicas e relacións que se crean entre as comunidades receptoras e os chegados recentemente.

No espazo hai unha actriz e unha "performer" con dúas liñas de acción paralelas estruturadas en intervalos de tres minutos. A liña de acción da actriz reflexiona sobre a identidade e sobre a súa propia biografía. A liña de acción da "performer", baseada no reparto dos recursos do planeta, contextualiza a nivel local e global toda a peza. A única relación que hai entre as executantes é o espazo compartido.
1173269264teatroalt07corderos.jpg
1173269293alt07palomadiaz.JPG
1173269312alt07rosacasado.jpg
Descargar todas as imaxes