Escoitar

O Concello de Vigo, institución galardoada nos premios "Mundo Empresarial Europeo"

O Concello de Vigo foi unha das institucións premiadas na X Edición de Premios que celebra o Consello Editorial de ‘Mundo Empresarial Europeo’. O galardón, co que a revista Mundo Empresarial recoñece o labor realizado por este Concello nos últimos anos, será entregado este xoves no Hotel Husa Chamartín de Madrid.

martes, 6 mar 2007
1173176939concello.jpg
Será o ministro de Industria, Turismo e Comercio, Joan Clos i Matheu, quen entregará o galardón ao concelleiro de Tráfico, Transporte e Seguridade, Antonio Coello Bufill, que acudirá ao acto como represente municipal.

A publicación concede dous premios por Comunidade Autónoma: ao labor desenvolvido por un organismo (premio que esta edición recaeu no consistorio vigués) e a unha empresa que, no caso da nosa comunidade, recaeu en Caixa Galicia.

Na lista completa de premiados sobresaen organismos como a Cidade das Artes e das Ciencias da Comunidade Valenciana, Barcelona Activa e Fomento de San Sebastián.

En canto ás empresas recoñecidas no listado das comunidades autónomas destacan Bilbao Ría 2000, Iberia (pola Comunidade Autónoma de Madrid) e a Cámara de Comercio de Santa Cruz de Tenerife.
Descargar todas as imaxes