Escoitar

"Los otros", a cargo de Suripanta Teatro, mañá mércores no Auditorio Municipal

Unha reflexión sobre a figura do Outro en tres pezas teatrais reunidas baixo o mesmo paraugas, da man da compañía estremeña Suripanta Teatro, e novas sesións de "Danza na rúa" son as propostas do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo para mañá mércores.

martes, 6 mar 2007
1173174273alt07suripanta.jpg
Suripanta Teatro
"Los otros"

Suripanta Teatro (Badaxoz)
"Los otros" (teatro)
Lugar: Auditorio Municipal
Hora: 21.30
Duración: 1 hora aproximadamente
Prezo: 5 €
Intérpretes: Pedro Montero, Pedro Rodríguez, Mª Sol López, Jesús Martín Rafael, Mª José Mangas Durán
Autor: Jean-Claude Grumberg
Dirección: Roberto Cerdá
Produción: Suripanta-Teatro

Tres pezas forman este espectáculo: "Michú", "Los pelirrojos" e "Gresca", para dar unha visión do Outro, non só na súa dimensión de estranxeiro, senón tamén do que vive ao carón, nunha relación próxima ao noso contorno social. O Outro, como o oposto a Nós, como expresión da diferenza e a desigualdade que separa, é alguén do que desconfiar e sobre o que se proxectan os receos e prexuízos máis cotiáns. Todo isto nunha sociedade de exclusión, incomprensión e medos soterrados, que conduce á degradación do vínculo social e á violencia, onde a intolerancia, a xenofobia e o racismo amósanse como síntomas inequívocos das nosas sociedades enfermas.

"Danza na rúa"

ALT o.7 leva a danza ás rúas de Vigo coa colaboración do Centro Coreográfico Galego. O mércores, o espectáculo regresa aos autobuses urbanos con actuacións de 11.00 a 12.00 horas en varios traxectos. Ademais, os artistas de "Danza na rúa" seguirán ofrecendo actuacións especialmente dedicadas aos viandantes que o desexen en varios espazos urbanos, en horario de 17.00 a 18.30 horas.
Descargar todas as imaxes