Escoitar

O Goberno local solitita á Xunta 13 millóns de euros para proxectos de Benestar Social

A Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo hoxe luns á solicitude dunha subvención de 13 millóns de euros á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o financiamento dun conxunto de actuacións en materia de servizos sociais no termo municipal de Vigo. A achega do Concello a estes proxectos será de máis de 6,5 millóns de euros.

luns, 5 mar 2007
1173103836xunta050307.jpg
Do importe total de cerca de 19,6 millóns de euros, uns 15,2 corresponden a un conxunto de investimentos proxectados formado por tres centros socio-comunitarios na Bouza, Alcabre e a rúa Romil, un centro de día en Coia, unha residencia para maiores no PAU de Navia e o acondicionamento da futura UBAS de Coia. A achega municipal a estes proxectos será de 5,1 millóns, e os 10,1 millóns restantes corresponderán á subvención solicitada.

Así mesmo, destinaranse a proxectos de desenvolvemento do pobo xitano cerca de 100.000 euros, dos cales algo máis de 33.000 corresponderán á achega municipal e algo máis de 66.000 á subvención da administración autonómica.
Descargar todas as imaxes