O domingo 4, primeira cita das xornadas de danza e música tradicionais galegas
A concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural "Interfolc", as "VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas", que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 4 e 18 de marzo , a partir das 20'00 horas.
En total participarán 4 agrupacións de danza e música galegas. Os grupos que subirán ao escenario son "Malveiras" da Asociación Cultural Malveiras de Villagarcía; grupo "A Ponte Vella" do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, A Coruña; grupo "Fusos e Rocas" da ACF O Fiadeiro de Vigo e grupo "Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona.
O xurado valorá de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.
O xurado estará formado por Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro de Festas e Animación Sociocultural; Reyes González Canda, ex–bailarina do Ballet Rey de Viana e mestra de Ballet; Isabel García Quintela, secretaria da Federación Galega de Grupos de Danza e Bailarina; Enrique Domínguez Lino, director e bailarín da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra e mestre de danza galega; Hipólito Cabezas Gómez, director da Escola de Gaitas e Percusión Tradicional-Provincia de Pontevedra e actuará como secretario Ramiro Quicler Zarandón, funcionario do Concello de Vigo.
1.
Os premios establecidos polo comité organizador son os seguintes:
1º premio: 1.500.-€, medalla e diploma.
2º premio: 900.-€, medalla e diploma.
3º premio: 600.-€, medalla e diploma.
4º premio: 300.-€, e diploma
5º e 6º premio: diploma.
Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarín.
Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarina.
Premio especial de 180.-€, ao mellor grupo de acompañamento.
As entradas para a xornada do día 18 de marzo estarán a disposión do público unha hora antes na taquilla do Centro Cultural Caixanova.
Descargar todas as imaxes