Vigo NAU reúne máis de 100 expositores ata o domingo no IFEVI
O Salón do Mar e da Náutica Vigo NAU 2007 abriu hoxe xoves as súas portas no IFEVI, coa participación duns 112 expositores das empresas máis representativas do sector e a presenza dunha vintena de estaleiros.
Vigo NAU 2007, organizada pola empresa Marina de Exposiciones e patrocinada por Corporación Caixa Galicia, ocupa en horario continuado de 10.00 a 21.00 horas unha superficie de 40.000 metros cadrados e espera superar a cifra de visitantes do ano pasado, que roldou os 40.000.
Ademais dos espazos propiamente expositivos, a feira complementarase con outro tipo de actividades, como as xornadas que teñen lugar hoxe xoves no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria, baixo o lema "Porto e Náutica Deportiva", e que contarán coa presenza da directora de Sasemar, Pilar Tejo, e o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Así mesmo, haberá outras actividades, como os bautismos de mar, nos que participará o patrulleiro Atalaya, da Armada española; bautismos de buceo; regatas de barcos de radiocontrol; xornadas técnicas; proxección de películas de cine submariño; ou a presentación de eventos, como un desfile de moda deportiva, un novo sistema de respiración baixo a auga, ou a presentación do Campionato do Mundo de Fórmula 18 de Catamaráns a Vela.
Por outra parte, os visitantes de Vigo NAU poderán coñecer a maqueta da embarcación do Desafío Español que participará na trixésimo segunda edición da America's Cup de Vela, así como o portal de venda por internet da Asociación de Estacións Náuticas.
Descargar todas as imaxes