Últimos días para visitar a mostra "Laxeiro, debuxos inéditos IV. Retratos sobre papel" na Fundación Laxeiro
O domingo, 4 de marzo, a Fundación Laxeiro clausura a exposición da serie "Laxeiro, debuxos inéditos" que nesta edición estivo íntegramente dedicada ó xénero retratístico. Formada por 25 pezas que abranguen un período que vai desde os anos vinte ós oitenta, a mostra recolle retratos como a augada feita a Emilio Riego, a tinta do poeta arxentino Luis Alberto Quesada, un bosquexo a carbón para un retrato de García Sabell ou dous autorretratos, un de 1928 e outro de 1941, nos que se pode apreciar a evolución estilística do artista.
Esta mostra é producto do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro está a levar a cabo, cara á publicación do catálogo universal en 2008, e supón unha ocasión para achegarse ó traballo retratístico do pintor de Lalín, xénero no que destacou particularmente, desde unha perspectiva moi procesual.
A exposición foi visitada por unhas 1.500 persoas e se complementa coa edición dun coidado catálogo cun texto do escritor, crítico e comisario Carlos L. Beránrdez, no que fai unha interesante reflexión sobre a importancia do debuxo no traballo de Laxeiro e do retrato en particular.
Descargar todas as imaxes