A Concellaría da Muller organiza as xornadas "Século XXI. O reto da igualdade"
Co gallo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, a Concellaría da Muller e a Asociación de Secretari@s de Galicia e Asistentes de Dirección de Galicia (ASEGAL) organizan, os días 7 e 8 de marzo, as xornadas "Século XXI. O reto da igualdade", nas que se abordarán os problemas, os logros e o papel das mulleres no mundo actual.
A través de conferencias, debates e mesas redondas nas que participarán acreditadas especialistas, os asistentes a estas xornadas poderán coñecer mellor a situación e as expectativas das mulleres do século XXI.
O mércores 7 de marzo, despois da apertura da xornada a cargo da alcaldesa, Corina Porro, a profesora de Economía Carmen Sarasua falará dos principias problemas que atopan as mulleres no mercado laboral actual, así como das políticas que se poden esixir aos gobernos e ás familias para resolvelos. Esta conferencia será seguida por un debate e, posteriormente, por unha mesa redonda sobre o papel das mulleres empresarias e a conciliación da vida laboral e familiar.
A xornada do xoves 8 de marzo iniciarase coa mesa redonda "Participación política das mulleres", que contará coa presenza da presidenta do Parlamento Galego, Dolores Villarino, a deputada no Congreso Mª Olaia Fernández, e a alcaldesa de Vigo, Corina Porro. A esta mesa redonda seguirá un debate.
Ao mediodía, o catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo Xaime Cabeza ofrecerá unha conferencia titulada "A tutela antidiscriminatoria da muller na normativa recente. Conciliación", seguida dun debate tras o cal se realizará un descanso.
A tarde desta última xornada estará ocupada, en primeiro lugar, pola conferencia "Igualdade formal e igualdade real: os dereitos das mulleres na sociedade internacional actual", a cargo da profesora titular de Relacións Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, Irene Rodríguez Manzano.
Finalizado o correspondente debate, as xornadas chegarán á súa fin coa mesa redonda "Papel das mulleres nas diferentes culturas. Integración no mundo laboral", na que participarán a mediadora intercultural da Fundación Secretariado Gitano, Irene Jiménez Cortiñas; a presidenta da Asociación Madres Latinas, Bianka Mesa; e a presidenta da Asociación Gallega de Mujeres Árabes, Touria El Mari.
Os interesados poden inscribirse nestas xornadas enviando o boletín de inscrición a través do número de fax 986 430 082 ou ben a través do enderezo electrónico ofi.muller@vigo.org. Máis información no teléfono da Oficina da Muller do Concello de Vigo: 986 810 284.
Descargar todas as imaxes