ALT.o7 trae teatro ao MARCO e danza á Casa das Artes no primeiro día de marzo
"Hamlet Family", teatro a cargo da compañía Los Cafiolos (Bos Aires-Madrid), e "¿Por quién lloran mis amores?", un espectáculo de danza de L' Explosé (Bogotá), son as propostas do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo para mañá xoves.
"Hamlet Family"
Compañía Los Cafiolos (Buenos aires- Madrid)
HAMLET FAMILY (Teatro)
Día 1 de marzo
Lugar: Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Aforo limitado a 72 persoas
Hora: 20:00 h
Duración: 1 hora e 15 minutos aproximadamente
Prezo: 5 €
Equipo de actores: Patricia Ávila, Ricardo Buitrago, Iván Martín e Errukine Olaziregi
Dirección: Gabriel Molina
"Hamlet Family" é un laboratorio de investigación, é atravesar o texto, pensalo, pór o corpo. Un fragmento dunha exploración aberta ao outro, baseado na lectura do texto e na irrupción de imaxes e accións que produce. Todos somos Hamlet. A violencia do home sobre o home. Todos somos máquina. O horror que producimos e anestesiamos cada día, preto, no cotián, a neutralidade é a ruptura dunha angustia, quebrarse para rematar baleiros. O sinistro está no familiar. A pedra traballa na parede.
"¿Por quién lloran mis amores?"
Compañía L' Explosé (Bogotá)
¿POR QUIÉN LLORAN MIS AMORES? (Danza)
Día 1 de marzo
Lugar: Casa das Artes
Hora: 21:30 h
Duración: 50 minutos aproximadamente
Prezo: 5 €
Intérprete: Marvel Benavides
Dramaturxia: Juliana Reyes
Deseño iluminación: Humberto Hernández
Escenografía, coreografía e dirección: Tino Fernández
"¿Por quién lloran mis amores? " xorde da entrega da nudez feminina para deixar que a pel percorra todas as lembranzas ao axexo do seu propio ser. Deste xeito aflora unha danza pura, na que o movimento se converte en partitura de sentimentos e emocións e a coreografía se transforma en estrutura teatral, construída dende o interior da intérprete.
A coreografía está animada por impulsos emotivos e o movemento transformado nunha acción consciente ao servizo da situación dramática. Nun novo intento de achegarse ao universo feminino, Tino Fernández presenta o espectáculo dende a soidade e intimidade da muller, onde se contrapoñen constantemente a fraxilidade, producida polo espazo, e a potencia, achegada pola danza.