Danza e música na xornada do venres do ALT o.7
As compañías MC4Dança, do Porto, e Cabo San Roque, de Barcelona, presentan mañá venres no MARCO e na Casa das Artes, respectivamente, os seus traballos no campo da danza e da música, dentro do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo ALT o.7.
Compañía MC4Dança (Porto)
"As palabras nao ocupam espaço" e "Disritimia" (ESTREAS ABSOLUTAS) (Danza)
Lugar: MARCO (aforo limitado 72 persoas)
Hora : 20:00 h
Duración: 50 minutos aproximadamente ( cun intervalo de 10 minutos entre as dúas pezas)
Prezo: 5 €
Coreografía/Interpretación/palabras/escenografía: Jeferson Petrillo Nunes
Voz: Tuxa Gonçalves
Técnico de luz: Sérgio Julião
Técnico de vídeo: Antonio Píres
"As palavras não ocupam espaço" (primeira parte)
O meu corpo ocupa un determinado espazo. A miña alma preenche o interior do meu corpo. As palabras habitan os meus pensamentos. E, nesa simbiose de estímulos hai unha improvisación onde as palabras e o movemento se integran. As palabras son empregadas nunha dicotomía en alternancia, significado/son. Vólvese, por iso, necesariamente ao corpo para perforar, penetrar, ocupar, preencher o espazo. Deixar fluír o movemento é vital. Permitir às palabras facer parte do pensamento é inevitábel. Mesmo por minutos, a penas, volver o tempo eterno é o un dos obxectivos.
"Disritimia" (segunda parte)
Intérpretes: Jeferson Petrillo Nunes, Ricardo Machado
Música: Bernardo Sasseti
Nada se sabe, todo se busca. Hai respostas na procura de preguntas. Hai preguntas á espera de respostas. Os nosos estímulos cerebrais reflíctense en movementos compulsivos e, ás veces, desorientados. Hai convulsións, dúbidas, transtornos de sentimentos, de emocións. Mutacións na nosa propia conduta como ser pensante. Dous individuos na procura dun terceiro, por iso, este nada máis é que o reflexo deles mesmos, nunha simbiose de corpo e o espírito. Mentres nada resulta, a penas un ollar para o tempo que pasa.
Cabo San Roque (Barcelona)
"Música a máquina" (concerto para autómatas e orquestra dirixidos por unha lavadora).
Lugar: Casa das Artes
Hora: 22:00 h
Duración: 1hora aproximadamente
Prezo: 10 €
Cabo San Roque son: Roger Aixut, Ramon Garriga, Josep Seguí, Alberto Mezquiriz i Laia Torrents.
Deseño do espectáculo, construción autómatas, composición, escenografía e
vestiario: Cabo San Roque
Fotografías: Cabo San Roque
Unha vez presentado o seu recente espectáculo, "La Cajita de Música", durante o pasado mes de xullo de 2006 encadrado no Festival Grec de Barcelona, Cabo San Roque preséntanos agora un concerto onde cinco das súas personaxes comparten escenario cunha lavadora polifónica: a cadea de bicicleta. A pesar dos titánicos esforzos realizados por Cabo San Roque foi imposible conseguir unha lavadora capaz de dirixir o concerto.
Levarán aínda así, a lavadora da familia Caba, que despois de tantos anos facía máis barullo que a coada. Esta vella lavadora ten a particularidade de interpretar as pezas de roupa que lava: en función do tecido, da cor, das gotas de suor e a suciedade da roupa, aparécenos unha determinada música. Todo un conxunto de parámetros que a lavadora interpreta e transforma en movemento de engranaxes, cilindros e martelos de
piano que actúan sobre diferentes instrumentos. Sendo así, virán coa roupa sucia e veremos que lles ocorre.