O Concello inicia a programación do Día Internacional da Muller
A concellería de Muller, a iniciativa do Consello Municipal da Muller, ven de difundir os actos programados ó longo do mes de marzo, polas diferentes asociacións e vocalías da Muller, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. O programa desenvolverase ata o día 29 de marzo con actos formativos, lúdicos e reivindicativos.
O primeiro acto celebrarase hoxe venres na Casa Galega da Cultura cun recital poético e presentación do libro "Elas 6" organizado pola secretaria comarcal da muller de CC.OO. Este mesmo colectivo presentou o xoves, día 1, o estudo "Muller e Traballo" no que se analiza a situación laboral da muller en Vigo e a súa comarca.
Segundo lembrou a concelleira da Muller, Lucía Molares, o acto principal terá lugar o día 8 de marzo, coa celebración da manifestación organizada pola coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres, co lema "Elixe: compartir ou discriminar". Ese mesmo día terán lugar ademais as xornadas divulgativas sobre "Século XXI: o reto da igualdade" e as de "A igualdade: unha materia pendente"; darase a coñecer o fallo do xurado do "I Premio de Relatos Mulleres Progresistas"; inaugurarse a exposición " A igualdade entre mulleres e homes no traballo" e haberá un videoforum sobre "Compromiso e Igualdade".
Descargar todas as imaxes