Escoitar

Os festivais contemporáneos de teatro e danza de España formarán unha asociación

Vigo participará no proxecto de Asociación de Festivais Contemporáneos de Teatro e Danza, que englobará as iniciativas nesta materia de varias cidades de España. Así o confirmou hoxe venres o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves.

venres, 2 mar 2007
1172845434teatro3.jpg
Segundo explicou López-Chaves, esta asociación terá por obxecto servir de plataforma para que esta clase de eventos culturais "teñan repercusión a nivel nacional", a través da optimización de recursos, datas e axudas a coproducións de compañías.

Na presentación desta iniciativa, o concelleiro de Cultura estivo acompañado pola directora do ALT.07, Lola Correa; o concelleiro de Cultura de Guadalajara, Jorge Badel, e o director do festival FUT, Fernando Romo. Durante o encontro, a delegación de Guadalajara convidou o Concello de Vigo e a organización do ALT.o7 a asistir no próximo mes de outubro á formalización da futura coordinadora de festivais de teatro e danza.
Descargar todas as imaxes