Unha nova visión da Xulieta de Shakespeare na Casa das Artes
A programación do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo continúa este sábado da man da Shakespeare Women Company, de Lisboa, con "Julietta", unha aproximación a un dos máis célebres personaxes do clásico inglés desde a perspectiva do teatro-circo. O luns, ALT o.7 volverá ás rúas con novas sesións de "Queres unha danza?" e "Danza no Vitrasa".
"Julietta "
Lugar: Casa das Artes
Hora: 21:30
Duración: 1 hora aproximadamente
Prezo: 5 €
Intérprete: Clara Marchana
Música: César Viana
Asistencia aérea: Marcelo Curotti, Joaquim da Silva, Mila
Texto e dirección: Claudio Hochman
Produción: Shakespeare Woman Company
Clara Marchana será a actriz e deambulará polos aires, mergullarase nas profundidades, mesturando técnicas circenses, danza, música e cancións con textos de Shakespeare que servirán para contar o periplo emotivo da desgrazada filla dos Capuletos. Xulieta, o personaxe, é inocente e xoga, goza do espazo, o movimento, o risco. Non sabe o que lle espera. Clara, a actriz, é consciente e arrisca. Goza do xogo, da vertixe, do silencio. Sabe perfectamente o que lle espera. Xulieta baila. Clara baila. Ambas as dúas namóranse, sabendo o seu destino cruel.
"Danza na rúa"
ALT o.7 leva a danza ás rúas de Vigo coa colaboración do Centro Coreográfico Galego. O luns, o espectáculo regresa aos autobuses urbanos con actuacións de 11.00 a 12.00 horas en varios traxectos. Ademais, os artistas de "Danza na rúa" seguirán ofrecendo actuacións especialmente dedicadas aos viandantes que o desexen en varios espazos urbanos, en horario de 17.00 a 18.30 horas.
Descargar todas as imaxes