Peche ao tráfico da rúa María Berdiales
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización a realizar pola empresa Sercoysa, estará pechada ao tráfico a rúa Mª Berdiales no cruzamento coa rúa Hernán Cortés, dende o día 05 de marzo de 2007 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas. <br /> <br />
Por parte da empresa facilitarase o paso dos peóns e o reparto a pé de mercadoría.
O acceso aos garaxes será dende Ecuador pola rúa Manuel Núñez.
Mentres dure a obra establécese dobre sentido só para carga e descarga na rúa Ronda de Don Bosco, treito entre as rúas Joaquin Lóriga e Gil, e na rúa Mª Berdiales, treito entre Manuel Núñez e Hernán Cortés só para acceso aos garaxes e servizos de urxencia.
As tarefas de carga e descarga realizaranse nos horarios permitidos dende os treitos das rúas cortadas en Mª Berdiales entre Hernán Cortés e Gran Vía, en Hernán Cortés entre Urzáiz e Mª Berdiales e na Ronda de Don Bosco entre Progreso e Gil.
A Policía Local poderá conceder autorizacións especiais puntuais, previa solicitude, nos treitos de rúas afectados polo corte.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Descargar todas as imaxes