Escoitar

"Emprázate" despídese en Coia cun gran espectáculo

Despois de percorrer con grande éxito varias prazas e rúas da cidade, o sábado 26 de maio, o programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude "Emprázate" despedirase na Praza do Emigrante (Coia), para o que está previsto un espectáculo cabaret circense.

venres, 25 mai 2007
1180096715emprazate.jpg
Horario e espectáculos

De 17:00 a 19:00hs: Realización de diferentes obradoiros (zancos, contact, monociclo e bolas de rebote).

De 17:00 a 19:00hs: Pasarrúas pola zona de xardíns

De 19:30 a 20:30hs: Gran cabaret circense coa actuación de grandes artistas de diferentes modalidades do eido dos malabares, a maxia e o circo.

"Emprázate" é un programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo que pretende, ademais de divertir e dinamizar as nosas prazas e rúas, achegar ao público as novas alternativas de ocio coma a arte do novo circo, a través de espectáculos aos que normalmente non se ten acceso, e fomentar a participación interxeneracional nos espazos públicos da cidade.

Para o desenvolvemento deste proxecto, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración da Asociación de Malabares e Artes Circenses Malandraxe, entidade formada por un número importante de mozos e mozas da cidade relacionados co mundo do espectáculo, sobre todo no eido dos malabares, o circo, a maxia, animación de rúas, etc.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806
Descargar todas as imaxes