Escoitar

Participación Cidadá e Benestar Social aproban a financiación de programas sociais

<br /> O Concello de Vigo aprobou tres convenios de colaboración por importe de 138.000 euros para a posta en marcha de distintas actividades da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, dos Hernamos Misioneros de Enfermos Pobres e de Alborada.

venres, 25 mai 2007
O primeiro dos convenios de colaboración foi firmado coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, e conta cunha axuda de 18.000 euros, para a posta en marcha do Programa de Acollida e Actividades de Sensibilización que desenvolve con carácter habitual a asociación. O convenio persegue axudar tanto os enfermos coma os seus familiares, a través de talleres de orientación, atención a memoria, psicomotricidade e similares.

O segundo convenio de colaboración é cos Hernamos Misioneros de Enfermos Pobres, e a chega do Concello é de 100.000 euros, para contribuir os gastos de mantemento da "Casa de Reposo de Nuestra Señora de la Salud". Na actualidade dispón de 64 camas a disposición das personas enfermas máis necesitadas.

Tamén o Concello asinou un convenio de colaboración coa asociación Alborada por un importe de 20.000 euros para o desenvolvemento do Programa CREATIVE, de prevención do consumo de drogas en centros escolares. Neste caso as actividades van dirixidas tanto os escolares como ós seus educadores e pais. O obxectivo é diminuir o consumo de sustancias aditivas por parte dos escolares, así como sensibilizar a pais e educadores coa problemática do consumo de drogas.

Estes convenios forman parte das políticas sociais que leva a cabo o equipo de goberno do Concello de Vigo, colaborando coas redes de atención a colectivos sensibles.