Participación Cidadá e Benestar Social financian o programa "Sereos" durante o 2007
O Concello aprobou, na pasada reunión da Xunta de Goberno, o convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" para a posta en marcha do Programa Comunitario de Saúde e Convivencia de rúa entre iguais "SEREOS", no Casco Vello.
O Programa, que conta cunha axuda do Concello de 15.000 euros, ten como obxectivo paliar a situación de risco de exclusión social que padecen algunhas das personas que residen no Casco Vello. Para elo despregarase unha amplo abano de actividades que van dende a visita as persoas usuarias nas súas vivendas e a mediación con veciños do entorno, realización de talleres de reducción do dano no consumo de drogas, sobre os efectos da cocaína e o alcohol na saúde, prevención de contaxio de enfermidades a través da sexualidade; ata o reparto de preservativos, xiringas, información e asesoramento, café-calor e bocateo; así como a campaña do Día Mundial do Sida.
O Programa ten como destinatarios persoas que se enfrontan a vida en soidade e tópanse en risco de exclusión social por mor das adicción o consumo de drogas, traballadoras do sexo, parados de moi longa duración, inmigrantes ilegais ou legais con especial dificultades de inserción, pensionistas con ingresos por debaixo do umbral de pobreza ou persoas en xeral con escasos recursos económicos, que residan no casco vello ou no seu entorno.
Este Programa incardinase no desenvolvemento das políticas sociais que desprega o equipo de goberno do Concello de Vigo, como tamén o son o Centro Municipal de Drogadicción ou o Plan Local de Drogodependencia e outras Adicción e que teñen como obxectivo universalizar o sociedade do benestar a tódolos cidadás, garantindo unhas condición mímicas de calidade de vida para todos.