venres, 25 maio 2007

Modernidade e tradición, unidas no programa das Festas do Cristo 2007

A alcaldesa, Corina Porro, presentou este venres a programación das Festas do Cristo 2007, que teñen como pratos fortes as actuacións de Julieta Venegas, os Artic Monkeys e Paulina Rubio no Auditorio de Castrelos e, como principais novidades, o Festival Internacional de Música Electrónica e o Festival "Galicia Exprés", dedicado ás últimas propostas dos novos artistas galegos.

"Emprázate" despídese en Coia cun gran espectáculo

venres, 25 mai 2007

Despois de percorrer con grande éxito varias prazas e rúas da cidade, o sábado 26 de maio, o programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude "Emprázate" despedirase na Praza do Emigrante (Coia), para o que está previsto un espectáculo cabaret circense.

Jazz na rúa no Imaxina Sons

venres, 25 mai 2007

A percusionista viguesa Lucía Martínez actua o sábado día 26 de maio coa ESMAE, dentro do ciclo Imaxina na rúa do Festival de Jazz IMAXINA SONS'07.