Escoitar

Máis de 20 persoas recibirán formación no seminario de planificación empresarial

O luns inícianse as sesións formativas do "Seminario de Planificación empresarial" que organiza o Concello de Vigo dentro do Programa de apoio á creación de empresas no que participan máis de 20 persoas e que se celebra de 9 a 14 horas no CITIC.

venres, 25 mai 2007
1180092872seminario.jpg
Os obxectivos principais deste seminario patrocinado por BIC Galicia e xestionado polo Servizo de asesoramento a emprendedores/as (SAE), son o coñecer cómo elaborar un plan de empresa e o poder analizar a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial de cada unha das persoas que asisten ao seminario, xa que cada participante ten presentado o seu proxecto.

A maioría das 20 persoas que asisten, previamente recibiron orientación empresarial no SAE do Concello de Vigo e durante as 7 xornadas formativas e as 4 titorías personalizadas traballarán temas de organización, mercado, comercialización, financiamento e análise económica, aplicados aos seus propios proxectos, á vez que irán analizando a viabilidade de cada un, nas actividades de distribución, atención a persoas, hostalaría, agricultura ecolóxica, etc.

Con este programa o Concello de Vigo quere potenciar a iniciativa empresarial das persoas emprendedoras.
Descargar todas as imaxes