Modernidade e tradición, unidas no programa das Festas do Cristo 2007
A alcaldesa, Corina Porro, presentou este venres a programación das Festas do Cristo 2007, que teñen como pratos fortes as actuacións de Julieta Venegas, os Artic Monkeys e Paulina Rubio no Auditorio de Castrelos e, como principais novidades, o Festival Internacional de Música Electrónica e o Festival "Galicia Exprés", dedicado ás últimas propostas dos novos artistas galegos.
Porro afirmou que as Festas do Cristo deste ano "combinarán perfectamente os aires máis modernos coas tradicións máis arraigadas" para satisfacer os gustos de todos os vigueses. Durante as celebracións, que contan cun orzamento total de 1,4 millóns de euros, os cidadáns poderán gozar dos seguintes programas:
Concertos do Auditorio de Castrelos
- Julieta Venegas (30 de xuño)
- Artic Monkeys (19 de xullo)
- Paulina Rubio (22 de xullo)
- Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos (26 de xullo)
- Coral Casablanca (2 de agosto)
- Noite de rock gótico-heavy (4 de agosto).
Festivais no Auditorio de Castrelos
- Festival Internacional de Música Electrónica de Vigo "Digital Art & Electroculture Festival". O 26, 27 e 28 de xullo no Auditorio ao aire libre de Castrelos, o 27 de xullo (React. Table/Sergi Jordá, Apparatt, The Yongsters, Roman Flügel/Alter Ego) e o 28 de xullo (Exyzt, Swayzak, Anthony Rother, Modeselektor), e na Museo Verbum (exposición "Game Art/Digital Art Installations/Emergences)
- Festival "Galicia-Exprés: Festival da Galicia urbana". Os días 11 e 12 de agosto, con grupos como como Triángulo de Amor Bizarro, Colectivo Arkestra, Niño y Pistola, Igloo, Proxecto Mourente, Nadadora e un longo etcétera
- XIII Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo". Do 13 ao 19 xullo en diversos barrios da cidade. Acto inaugural no Centro Cultural Caixanova
- Festival "Voces de Vigo". Os días 24 e 25 de xullo Auditorio ao aire libre de Castrelos
Outros eventos
- Ciclo de cine ao aire libre "Realidade 2007". Do 23 ao 29 de xullo na Praza da Estrela
- Programa infantil de verán "V3: Vigo, verán, valores". Do 16 ao 29 de xullo. Lugares: avenida de Montero Ríos, praza de Maruja Mallo, Mestre D. Prudencio Rodríguez, parque da Riouxa e alameda de Suárez Llanos
- Ciclo de bandas "Vigo, un mar de bandas". Os sábados ás 20.00 horas na rúa Príncipe, fronte ao MARCO, e os domingos ás 12.30 horas en Montero Ríos
- Ciclo de corais "Vigo, un mar de corais". Do 13 de xullo ao 4 de agosto no Museo Verbum
- Ciclo de concertos conmemorativos do 50º aniversario da Coral Casablanca. Meses de xullo e agosto
- Mostra do traxe tradicional galego. O 28 de xullo na praza do Berbés
- Festas gastronómicas: Festa do Mexillón (o 22 de xullo no parque de Castrelos), Festa da Sardiña (o 28 de xullo na carballeira da Guía) e Festa do Polbo (o 12 de agosto no monte dos Pozos)
- XII Maratón Fotográfico. O 22 de xullo desde a praza do Rei.
Descargar todas as imaxes