Os alumnos dos cursos de formación para inmigrantes da Fundación Cume reciben os seus diplomas
Os inmigrantes que participaron nos cursos de formación impartidos pola Fundación Cume recibiron este mércores os seus diplomas de man da alcaldesa, Corina Porro, no edificio da Fundación Caixa Galicia.
Este ano, arredor de 100 inmigrantes, na súa maioría de América do Sur, participaron nos cursos de lingua e cultura española, costura e corte e confección, auxiliar de axuda a domicilio e cociña española. Un equipo de voluntarios colabora de forma desinteresada na realización de todos estes cursos.
A Fundación Cume constituíuse en 1995 grazas ao pulo dun grupo de empresarios e intelectuais que buscaban responder ás necesidades do mundo actual, co obxectivo de contribuír á defensa da liberdade, a paz e a xustiza, sen discriminacións. Os principios de defensa dos dereitos do ser humano son o fundamento e raíz de cada proxecto que leva a cabo esta fundación.
A fundación fomenta a promoción social e cultural de todos os colectivos que integran a comunidade galega. A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a familia e os inmigrantes ou os sectores marxinados son algúns dos colectivos aos que se dirixen as súas actividades.
Cume, que desenvolve proxectos de voluntariado, de promoción cultural e de cooperación ao desenvolvemento, ten como un dos seus obxectivos prioritarios ao colectivo formado polos inmigrantes. Neste sentido, entre 2003 e 2006, a Fundación Cume dirixe, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Programa de Inserción e Orientación ao inmigrante.
Na actualidade, Cume xestiona servizos básicos e ofrece información, orientación e asesoramento xurídico e sociolaboral, ademais de impartir cursos de formación para axudar aos inmigrantes na súa integración laboral.