A escola infantil da rúa Palencia iniciará a súa actividade a partir de setembro
A escola infantil municipal que constrúe o Concello na rúa Palencia, destinada a nenos e nenas de 0 a 3 anos, estará en funcionamento o próximo curso, concretamente a partir do mes de setembro. A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe martes as obras do novo centro.
Coa súa posta en marcha serán cinco as escolas infantís municipais, sumándose a da rúa Palencia ás de Saiáns, Teis, Lavadores e Casco Vello. Ademais, o Concello ten proxectadas novas escolas infantís en Beade, Coia e Navia.
O Concello optou por esta zona da cidade para construír unha escola infantil pola alta porcentaxe de poboación nova que reside no Calvario, ademais de pola súa céntrica situación e as súas boas comunicacións.
A escola estase edificando sobre unha parcela de titularidade municipal duns 826 m2, sendo a superficie ocupada pola construción duns 410 m2, nunha soa planta.
A gardería terá 82 prazas de mañá e de tarde, que se distribuirán por idades do seguinte xeito: de 0 a 1 anos, 16 prazas en dúas quendas; de 1 a 2 anos, 26 prazas; e de 2 a 3 anos, 40 prazas.
O horario das escola será de 7.30 a 21.30 horas, máis amplo que o de calquera gardería da Xunta.
A escola infantil municipal dispón de tres aulas, para os grupos de 0-1, 1-2 e 2-3 anos; salón de usos múltiplos, que se utilizará tamén como comedor; cociña con despensa e lavandería; aseos e vestiarios para o persoal, aseos para visitas, despacho de dirección, sala de reunións, cuarto para gardar cadeiras e coches de bebés, almacén e cuarto de instalacións. Tanto o cuarto para gardar cadeiras e coches de bebés como o almacén son os primeiros dos que dispón unha escola infantil municipal.
Ademais, o centro conta cuns 40 m2 de porches. O sistema de calefacción é chan radiante, por gas natural.
O orzamento de adxudicación desta nova escola infantil é de algo máis de 478.000 euros.
Descargar todas as imaxes