O Goberno local adxudica seis novos aparcadoiros públicos
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe luns os lotes 1 e 2 do concurso para a construción e xestión dos novos aparcadoiros públicos, nos que se inclúen os párkings de Areal, Pintor Colmeiro, Policarpo Sanz, avenida de Castelao, Genaro de la Fuente e Rosalía de Castro.
O lote 1 (Areal, Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz) foi adxudicado á UTE formada por Eloymar e Tranvías Eléctricos de Vigo. O prezo de execución destes tres aparcadoiros é de 34,2 millóns de euros. Pola súa parte, Puentes y Calzadas Grupo de Empresas fíxose co lote 2 (avenida de Castelao, Genaro de la Fuente e Rosalía de Castro) cun prezo de execución de 37,2 millóns de euros.
O prazo da concesión dos novos seis aparcadoiros será de 50 anos desde a súa posta en servizo. Os prazos de execución das obras de cada un dos párkings serán os seguintes: Areal, 22 meses; Pintor Colmeiro, 16 meses; Policarpo Sanz, 30 meses; avenida de Castelao, 23 meses; Genaro de la Fuente, 24 meses, e Rosalía de Castro, outros 24 meses.
Benestar Social
Na área de Benestar Social, a Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo a tres proxectos de convenio de colaboración. O primeiro deles suporá unha achega municipal de 50.000 euros ás centrais sindicais CC.OO., CIG e UXT, co obxecto de manter as súas respectivas oficinas de información social e xuvenil. As actividades específicas das oficinas ou puntos de información emprazados nas centrais sindicais coordinaranse co Servizo de Información, Orientación e Asesoramento sobre Recursos e Dereitos Sociais do departamento de Benestar Social.
Tamén foi aprobado un convenio de colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia para a atención a persoas que padecen esta enfermidade e aos seus familiares, cunha contraprestación económica por parte do Concello de 18.000 euros. A colaboración materializarase a través da creación de prazas nos obradoiros ocupacionais da Asociación, co obxectivo de mellorar a vida de persoas con Alzheimer nos aspectos de orientación, psicomotricidade, actividades da vida diaria, atención e memoria.
Por último, o Concello outorgará unha subvención de 100.000 euros aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres para o desenvolvemento dun convenio polo que se articula a prestación dun servizo de albergue para persoas enfermas e excluídos sociais en situación de extrema necesidade.
Por este convenio, os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres comprométense a aceptar homes e mulleres das características mencionadas no seu centro sempre que a súa capacidade o permita e lles sexan remitidos polo Departamento de Benestar Social. Estas persoas deberán contar coas maiores facilidades posibles no referente a horarios de entrada e saída e comidas.
Descargar todas as imaxes