Concedidos 144.000 euros en subvencións para fomentar a participación cidadá
O Goberno Local concedeu hoxe luns un total de 75 subvencións a distintas asociacións e entidades de Vigo, dentro do programa de axudas para o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario. As mencionadas subvencións soman un importe de 144.000 euros.
Desta cantidade, 120.000 euros serán distribuídos entre 52 entidades e asociacións para o desenvolvemento dun total de 115 actividades de participación cidadá. Os 24.000 euros restantes destinaranse a 23 asociacións para facer fronte aos gastos de mantemento das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.
A través deste programa de subvencións, o Concello pretende consolidar o asociacionismo e a participación cidadá, contribuíndo ao fortalecemento do tecido social vigués e á promoción da calidade de vida e o benestar social dos vigueses. Con este obxectivo o programa busca colaborar no financiamento dos gastos das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.