A exposición de Tamara de Lempicka permanecerá pechada tres días polas eleccións
A Fundación Caixa Galicia anunciou que a exposición dedicada á pintora Tamara de Lempicka permanerá pechada desde o venres 25 pola tarde ata o luns 28 ás 18.00 horas co gallo da celebración das eleccións municipais, ao ser a Casa das Artes un dos colexios electorais de Vigo.
A Casa das Artes, sede da mostra desde o pasado 18 de abril, é un dos colexios electorais aos que acudirán a votar os cidadáns o próximo domingo. Así, a primeira retrospectiva dedicada en España a Tamara de Lempicka pechará ao público o venres 25 pola tarde (abrirá ese mesmo día de 12.00 a 14.00 e atenderá as visitas concertadas), ademais do sábado 26 e o domingo 27 completos e o luns 28 pola mañá. A reapertura da exposición producirase o mesmo luns ás 18.00 horas, e a partir dese momento continuará co seu horario habitual.
Ata o próximo 15 de xullo, os afeccionados á arte de toda Europa poderán gozar da exposición máis completa de cantas se teñen realizado sobre quen é hoxe xa unha das artistas máis influíntes da arte moderna.
A Fundación Caixa Galicia puxo en marcha un completo programa de actividades de divulgación deseñadas e destinadas a diferentes públicos, desde os máis pequenos a todos aqueles adultos que desexen realizar unha visita guiada xunto a un experto do Servizo Didáctico desta entidade.
Dentro do apartado das visitas para escolares, polas que pasaron xa cerca de medio millar de escolares e para as que existen máis dun centenar de reservas, existen diferentes propostas.
Para os grupos do primeiro ciclo de Educación Infantil e Primaria, a Fundación Caixa Galicia deseñou a visita "Tamara e Feder, o sombreiro falangueiro!", unha actividade dunha hora de duración na que un educador caracterizado para a ocasión desentraña os secretos da arte da artista.
Para os grupos de segundo e terceiro ciclo de educación primaria proponse a actividade "A festa de disfraces de Tamara", na que os escolares poderán percorrer as diferentes salas da exposición coñecendo os príncipes, doutores e elegantes damas que protagonizan os cadros desta celebrada artista.
Para os máis maiores, os grupos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, existe un programa máis denso, aínda que igualmente entretido, no que os alumnos poderán gozar da forza e da beleza dos cadros expostos, grazas a diferentes actividades que tratarán, tamén, o contexto histórico e artístico da mostra.
Visitas de adultos
Por último, existe tamén un programa de visitas comentadas para todos aqueles afeccionados á arte que desexen percorrer a mostra con maior detemento.
Todos os días da semana, salvo domingos e festivos, ás 20.00 horas, comeza unha visita comentada aberta ao público en xeral. Así mesmo, existe a opción de concertar unha visita para grupos de non máis de trinta persoas, de luns a venres no horario normal de apertura da sala.
Descargar todas as imaxes