Escoitar

Participación Cidadá ampliará a Rede de Centros de Acceso a Internet durante o 2007

O Concello de Vigo, a través da Concellería de Participación Cidadá, vai a poñer en funcionamento, en colaboración coa Asociación de Veciños de Cabral, un novo Centro de Acceso a Internet. Ademais está prevista a apertura doutros tres nas zonas de Sárdoma, Castrelos e Navia.

martes, 22 mai 2007
1179834157Coruxo2.jpg
Centro de Coruxo
A Rede de Centros de Acceso a Internet está composta na actualidade de doce centros situados nos centros cívicos de Teis, Casco Vello e Coruxo; e nos locais das asociacións veciñais de Val do Fragoso, Doutor Casas Bouzas, Sampaio, San Miguel de Oia, Candeán, San Andrés de Comesaña, Matamá, Saiáns e Pontenova-Freixeiro.

Os centros están dotados de entre 8 e 16 equipos informáticos conectados a rede de banda ancha, software libre, gravador de cd, impresora e escaner; e o seu uso é gratuíto para todas aquelas persoas que o desexen, previa a introducción dunha clave persoal.

O Concello fomenta o uso destes centros a través de campañas de dinamización en materias como a busqueda de emprego en Internet, o uso do software libre, as posibilidades da administración electrónica, dirixidas a totalidade da poboación. Deste xeito máis de 7000 vigueses son usuarios cotiáns desta Rede de Centros.

O obxectivo principal desta Rede de Centro é achegar o uso das tecnoloxías da información e comunicacións ó maior número de cidadáns posible, facilitando a igualdade de acceso de todos os vigueses e viguesas independentemente do lugar onde residan; así como minorar a brecha dixital existente con outras partes de mundo e fomentar os beneficios dos servicios a través da administración electrónica.
Descargar todas as imaxes