Escoitar

O Verbum organiza un ciclo de xogos de rol

O museo Verbum – Casa das Palabras organiza un "Ciclo de xogos de rol" coa idea de ofrecer unha alternativa de ocio para os xoves da cidade de Vigo.Os xogos de rol consisten, básicamente, na interpretación de determinados personaxes, que guiados por un director de xogo (máster) deberán alcanzar unha serie de metas segundo se desenvolve a partida.

mércores, 23 mai 2007
1179921805rol.jpg
Haberá diversidade de temáticas para elexir e xunto coa imaginación dos participantes, o xogo convertirase en impredecible e moi comunicativo.

O venres, 25 de maio, comenzará o ciclo dunha "partida de iniciación de rol"
de 16 a 20 horas para maiores de 14 anos, ata completar aforo. 1 euro por asistente e sesión.

Os venres, 1, 8 e 15 de xuño "campañas de rol" (pódese elixir entre seis xogos diferentes)de 16 a 20 horas para maiores de 14 anos, ata completar aforo. 1 euro por asistente e sesión.

O venres, 22 de xuño a sesión será "rol en vivo" a partir das 12 da noite para maiores de 18 anos, ata 60 persoas. 1 euro por asistente e sesión.

As inscricións terán que realizarse en
Mazinger Vigo, r/ Torrecedeira, 9 – baixo- esquerda Vigo; teléfono: 986 122 316 en horario: de luns a venres, de 10.30 a 14.00 / 16.00 a 21.30
1179921805rol.jpg
1179921824rolverbum.jpg
Descargar todas as imaxes