Plan de humanización do contorno de Sanjurjo Badía

venres, 30 mar 2007

A alcaldesa Corina Porro ven de presentar o proxecto de actuacións dirixidas á mellora e humanización de diversas rúas e espazos urbanos da contorno da rúa Sanjurjo Badía, no barrio de Teis, unha zona cun comercio activo e unha poboación de aproximadamente 16.000 habitantes.

A Deputación realizará novos investimentos en Vigo por valor de 1.851.000 euros

xoves, 29 mar 2007

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron hoxe xoves un convenio para a realización dun conxunto de obras na cidade por valor de 1,3 millóns de euros. A este investimento da Deputación sómanse os xa aprobados para a execución dos centros culturais A Feira, en Cabral (200.000 euros) e de Alcabre (360.000 euros).